En Ribeira 120 alumnos e alumnas comezan un novo curso no Conservatorio Enrique Paisal

13 Setembro 2022

Hoxe martes 13 de setembro comeza un novo curso no Cmus Profesional de Ribeira Enrique Paisal.
Un total de 120 alumnos e alumnas comezan un curso que promete ser especial xa que o centro comezou a súa andaina, como conservatorio, no curso 1992/1993 polo que se cumprirían 30 anos da
súa posta en marcha.
Como concerto de apertura mañá mércores 14 actuarán no salón de actos do centro o ex alumno de piano Yuri Durán e a ex alumna de saxofón María Núñez. Será ás 18:30 horas.
Nas vindeiras semanas  está previsto que tamén comece a actividade da Aula Galega de Saxofón, a cal cumpre xa XV edicións e de novo, a Escola de Música (para nenos e nenas de 3 a 7 anos). 
Ésta última retomou a súa actividade o curso pasado logo da contratación dunha profesora. Está previsto que o proceso de matriculación para a Escola comece o vindeiro luns 19 de setembro e a actividade lectiva a semana do 3 de outubro.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.