En marcha na Pobra medidas para garantir un Nazareno libre de agresións machistas

16 Setembro 2022

Coa finalidade de garantir unhas celebracións do Nazareno “libres de agresións machistas”, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), volve poñer en marcha unha serie de medidas igual ca en anteriores eventos festivos.

Disporase así dun dispositivo de coordinación entre a Administración local, a Policía local, a Protección Civil e tres establecementos hostaleiros do municipio para dar unha resposta máis efectiva a unha situación de violencia sexual ou agresión machista durante o ocio nocturno dos días 16 e 17 de setembro.

Habilitaranse catro espazos do concello como Punto Violeta con persoal instruído: os locais Barquiña, La Embajada e Verocca, así como unha área na contorna da praza Alcalde Segundo Durán. Contarán cuns distintivos de cor violeta que acreditan a súa condición de zonas seguras.

Repartiranse, ademais, dípticos informativos co decálogo contra a violencia sexual e recursos telefónicos, e adhesivos a modo de tapa para os vasos como medida contra a submisión química. Son dun só uso para así advertir se o recipiente foi manipulado unha vez servida a bebida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.