En marcha a primeira fase da remodelación do entorno portuario de Palmeira

23 Setembro 2022

Xa están en marcha as obras da primeira fase da remodelación do entorno portuario de Palmeira: unha iniciativa impulsada pola Consellería do Mar a través de Portos de Galicia, en coordinación co Concello de
Ribeira, en base ao anteproxecto deseñado polo arquitecto David Chipperfield e a Fundación RIA.
A execución desta intervención persegue a mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna do porto, ao tempo que permitirá renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar
e atractiva para os veciños e visitantes.
A empresa adxudicataria que está efectuando as obras é Vilariño Esp, S.L.U. A actuación comporta un investimento de 675.320,75  euros e ten un prazo de execución de oito meses.
O proxecto prevé a reordenación do tráfico e do estacionamento na zona, a recuperación do vínculo co mar e a planificación e deseño do espazo público. Con estas medidas contribúese a eliminar barreiras
visuais que impiden gozar plenamente da paisaxe mariñeira e achégase a vila ao mar, para o desfrute de veciños e visitantes de xeito compatible coa actividade portuaria.
As obras desta fase supoñen a intervención nun espazo de 2.000 metros cadrados e en preto de 400 metros en liña da fachada marítima. As actuacións inclúen a mellora do espazo público e da mobilidade mediante a ampliación da zona peonil a carón do mar, sobre a coieira existente, e eliminando a barreira visual que supón o actual muro de peche.
A maiores, crearanse balcóns de pedra e gradas integradas no noiro do paseo, ordenarase a circulación rodada con pasos de peóns elevados e renovaranse os pavimentos e o mobiliario urbano buscando reforzar a súa calidade estética, duración e homoxeneidade dos materiais.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.