En Carreira dous feridos nun accidente de tráfico

21 Setembro 2022

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado ao redor das oito desta tarde na estrada entre Ribeira e Aguiño por Carreira na coñecida como curva da Muiñeira, no lugar de Campos.

O sinistro produciuse debido a unha colisión entre tres vehículos e desde Urxencias Sanitarias-061 Galicia, mobilizouse unha ambulancia de Soporte Vital Básico (SVB) con base en Ribeira, que procedeu á evacuación das dúas vítimas ao Hospital do Barbanza.

Ao lugar do accidente acudiron efectivos GAEM (Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal ), a Policía Local, Garda Civil de Tráfico e a dotación de garda do parque comarcal de Bombeiros de Ribeira. O accidente dos tres coches bloqueou os dous carrís da calzada e obrigou a desviar a circulación rodada por viais próximos.

Accidentes y noticias

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.