Empeza outubro con intervalos de ceo nubrado e lixeira das temperaturas

30 Setembro 2022

O sábado Galicia estará baixo influencia anticiclónica, pero con ventos de compoñente oeste. Deste xeito, agárdanse intervalos de ceo nubrado no cuadrante noroeste, sen desbotar algunha chuvieira dispersa no litoral, e ceo pouco nubrado no resto, con bancos de néboa no interior e brétemas costeiras ás primeiras horas.

Pola noite, as brétemas entrarán en terra e estenderanse cara ao interior das provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con intervalos moderados no extremo norte.

METEOGALICIA

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3. Mar ovellado. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:510.9 m
Preamar08:073.4 m
Baixamar14:180.9 m
Preamar20:343.2 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:431.0 m
Preamar08:003.3 m
Baixamar14:091.0 m
Preamar20:283.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:470.9 m
Preamar08:053.3 m
Baixamar14:140.9 m
Preamar20:313.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.