Dúas persoas detidas por estafa a unha muller de Boiro

23 Setembro 2022

O equipo de Milladoiro da Comandancia da Garda Civil da Coruña en materia de ciberdelincuencia investiga a dous homes (un de Burgos e o outro de Vinaroz (Castelló)) por un presunto delito de ciberestafa a unha veciña de Boiro ao contratar un préstamo en liña. A cantidade da estafa ascende aos 18.795 euros.

A investigación emepzou por unha denuncia interposta no cuartel de Boiro pola vítima. Ela explicaba que a principios de marzo localizou un anuncio na internet onde se ofertaban préstamos persoais con comisións baixas. Por iso, púxose en contacto cos anunciantes.

Entón, comezou a recibir correos electrónicos e a manter conversacións por teléfono cunha persoa que, supostamente, tramitaríalle a concesión do crédito por un importe de 60.000 euros. Cando a vítima aprobou a xestión do crédito, os denunciados pedíronlle que realizase unha serie de pagos en concepto de impostos, trámites e honorarios de avogados, entre outros.

Cada vez que ela realizaba un pago, o estafador solicitáballe de novo outra cantidade escusándose en erros bancarios e regulacións de impostos.

A vítima realizou ata 50 pagos que ascenderon en total a 18.795 euros momento no que decidiu interpoñer a denuncia, xa que os estafadores non deixaban de solicitarlle pagos con diferentes escusas e ela non recibía o diñeiro do préstamo na súa conta.

A Garda Civil de Boiro localizou ás dúas persoas que presuntamente realizaran a ciberestafa unha na localidade de Vinaroz que era a que se poñía en contacto coa vítima e xestionaba o diñeiro e a outra en Burgos que era o beneficiario dos pagos. A Garda Civil remitiu as dilixencias ao Xulgado de Garda de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.