“Dous galegos entre os 35 analistas e técnicos que conforman SUMAR, xunto a Yolanda Díaz”. Antón Luaces

24 Setembro 2022

“Sumar” xa foi presentado en sociedade.

O proxecto de Yolanda Díaz, a fenense de 51 anos, avogada laboralista, que deu a coñecer este venres en Madrid o que cualificou de “movemento cidadán progresista, verde e ecolóxico” cunha proxección que albisca os vindeiros dez anos da cara a facer “un novo país” que non poideron ou non souberon erguer presidentes españois posfranquistas que,  indubidablemente, tiveron nas súas mans a posibilidade de estructurar unha España distinta que, así se deduce das súas palabras, é a que pretende facer no prazo dunha década a actual vicepresidenta do Goberno de Pedro Sánchez.

Dende o feminismo á xuventude, a vivenda ou a economía, a pesca e a agricultura, pasando por outros moitos aspectos da vida cidadá, son moitas as áreas que abranguerá o traballo a realizar polos 35 académicos e técnicos que encabezan os equipos deseñados para dirixir SUMAR, a formación pol´`itica que ten como persoa máis visible neste momento a actual vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo Yolanda Díaz. Jun total de 35 profesionais ben coñecidos no seu ámbito, que van ser os que se encarguen das análises e debate por materias dese proxecto coidadosamente gardado e que a galega Yolanda Díaz presentou como coordinadores dos grupos de traballo se “Sumar” e que no vindeiro mes de febreiro van dar a coñecer os resultados deste “traballo colectivo”,

Entre estes 35 redactores do futuro “novo país” figuran dous galegos: Marta Lois e Ramón Maiz Suárez, ambos os dous vencellados á Universidade de Santiago de Compotela. Marta Lois é tamén concelleira de Compostela Aberta e politóloga; e Ramón Maiz Suárez, catedrático da Facultade de Políticas da mesma universidade foi vicedecanlo e decano de Ciencias Políticas e ten realizado moi diversas aportacións no eido dos nacionalismos e federalismos. Ë posible que este feito decidira que sexa el quen lidere o grupo que aborda a “Modelo Territorial”, mentres que a viguesa Marta Lois asume a responsabilidade do grupo “Coidados”.

Xunto con Yolanda Díaz compareceron este venres en Madrid o xuíz do Tribunal Supremo Fernando Salinas quen, entre outras “sonadas” intervencións xudiciais, ten a confirmación da nulidade do ERE de Coca-Cola no ano 2015 ou, un ano antes, un dos máis duros golpes xudiciais á reforma laboral de 2012 do executivo que presidía Mariano Rajoy. Xunto a Salinas, nesa “portada” de SUMAR ben se pode situar a Ignacio Sánchez Cuenca, articulista e analista de poderoso músculo.

Marta Lois e Ramón Maiz teñen diante sí un arduo traballo a carón de Yolanda Díaz e os outros 33 designados por esta para poñer en marcha un proxecto político “por un novo País” que, outra volta, ten que ver moi directamente con Galicia, da man dunha licenciada en Dereito que bregou o seu nas augas nunca mornas do laboralismo, onde se criou en terra sindical abonada por traballadores do sector da construcción nava, no barrio de San Valentín, perto do hoxe Navantia, que pagou coas vidas de dous dos seus (Amador Rey e Daniel Niebla) na ponte das Pías, en Ferrol,  o enfrontamento  coa policía o 10 de marzo de 1972.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.