“Defensa na FAO da pesca litoral española” – Antón Luaces

06 Setembro 2022

A  secretaria xeral de Pesca, a galega Alicia Villauriz, recoñeceu este luns en Roma -no 35º período de sesión do Comité de Pesca da FAO- o labor que realiza a frota artesanal española, que se caracteriza por ser unha pesca de litoral, cun marcado carácter local, que faena perto dos seus portos base e aporta ao mercado produtos frescos para consumo nos fogares e hostalaría. Villauriz puxo en valor ante a FAO a figura propia das confrarías de pescadores, que xogan un papel preponderante no desempeño desta modalidade de pesca.

Este trixésimoquinto período de sesións do Comité de Pesca da FAO está presidido polo director xeral deste organismo internacional  e na presenza de ministros e viceministros de todos os países do mundo, que expoñen os principais avances, retos e preocupación das súas respectivas frotas costeiras, diante dos que a secretaria xeral de Pesca española apelou ao papel da pesca sustentable para acadar os obxectivos marcados na Axenda 2030.

As sesións deste organismo da ONU rematará o vindeiro venres, 9 de setembro, após estudar a posibilidade de establecer un subcomité de Ordenación Pesqueira para apoiar o diálogo sobre solucións de gobernanza e xestión para a conservación e o uso sostible  dos recursos pesqueiros, amais de analizar a opción de elaborar directrices para a acuicultura sustentable.

Villauriz explicou que o modelo español sitúa a ciencia no centro da toma de decisións en materia de xestión pesqueira , e que conta con ferramentas innovadoras que conxugan a protección do medio mariño  co uso sostible dos recursos como a Rede de Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro de España, que actualmente se estende por máis de 102.000 hectáreas protexidas.

Falou tamén Villauriz da importancia de abordar a conservación e uso sustentable dos océanos dende un verdadeiro enfoque ecosistémico salientando a necesidade de prestar atención ao crecente número de actividades que comparten sustento no mar e estudar os efectos que teñen a contaminación mariña ou o cambio climático sobre as poboacións pesqueiras.

Reiterou a secretaria xeral de Pesca o compromiso de España na loita contra a pesca ilegal e lembrou que xa se implementaron todas as medidas  establecidas no A cordo sobre Medidas do Estado Reitor do Prto, o máis importante dos acadados nesta materia a nivel internacional. Trasladou asemade o apoio de España á iniciativa de Portos Azyuis da FAO, e lembrou o liderado que o porto de Vigo tivo no pulo desta iniciativa dende a súa creación.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.