Na Pobra dá comezo ao curso 2022-2025 da Escola de Música cunha variada oferta formativa

28 Setembro 2022

A Asociación Cultural ESMU A Pobra vén de dar comezo ao curso 2022/2023 da Escola de Música da Pobra. Fíxoo cunha variada oferta formativa musical que conta coa colaboración da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e Organistrum.

As clases por impartir son iniciación musical infantil (3, 4 e 5 anos), formación instrumental individual (saxo, frauta travesa, clarinete, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello, piano, piano complementario, guitarra, baixo eléctrico, uquelele, percusión, batería, teoría da música e gaita), linguaxe musical, formación musical para persoas adultas, harmonía clásica, harmonía moderna, coro de música moderna formado por persoas adultas, banda xuvenil, grupos de cámara, combos (jazz, funk e rock), ensemble de percusión e preparación de probas de acceso a conservatorios.

O acto de apertura terá lugar no 30 de setembro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, onde se imparten as aulas que arrancarán no 3 de outubro para concluír no 1 de xullo.

O prazo de matrícula permanece aberto durante todo o curso e o custo depende do número de materias que se escollan e de cales sexan esas disciplinas. Máis información nos teléfonos de contacto 636342485 ou 616901276.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.