Cuñados proxéctase este sábado 17 no Centro Social de Boiro

17 Setembro 2022

Este sábado 17 de setembro temos unha sesión de cinema galego no Centro Social de Boiro, a partir das 20.30 horas, coa proxección do Cuñados. A actividade abéirase ao Ciclo de Cine Mestre Mateo que desenvolve a Deputación da Coruña e no que se proxectan, unha vez ao mes, os filmes finalistas da última edición dos premios do audiovisual galego.

Cuñados é un filme producido por Portocabo que, en clave de comedia, relata sobre as peripecias delitivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado para salvar o que máis queren: a familia.

Duración: 92 minutos
Idioma: Galego (tamén dispoñible V.O.S.E e V.E.)
Ano: 2020
Localizacións: Ourense
Data de estrea: 9 de abril de 2021
Distribuidora: Filmax

EQUIPO ARTÍSTICO

Xosé A. Touriñán: Sabonis
Miguel de Lira: Eduardo
Federico Pérez Rey: Modesto
Eva Fernández: Mati
Iolanda Muiños: Cuca
María Vázquez: Peque
Mela Casal: Aurelia

Outros artigos

Ambar inaugura no Museo do Gravado de Artes a exposición “Acotío”

Este venres 7 de novembro o Museo do Gravado de Artes acolleu a inauguración da exposición Acotío, unha mostra que reúne oito pezas de gravado en punta seca realizadas por artistas da área de arte da Asociación Ambar. A exposición é o resultado final dun obradoiro...

+

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.