Comezan as obras de dotación de saneamento ao lugar dos Muiños en Oleiros

O Concello de Ribeira informa do inicio das obras para dotar de servizo de saneamento municipal ao lugar dos Muíños, situado na parroquia de Oleiros, que implicarán a instalación de case dous kilómetros de tuberías.
Os traballos están sendo realizados por Marqués de Marancán, S.L., e comportan unha inversión económica de 237.308,83 euros, IVE incluído.
As obras que se pretenden realizar son as seguintes:

  • Instalación de 1.557 metros de tubería de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro.
  • Instalación de 34 pozos de 1,70 metros de profundidade.
  • Instalación de 2 pozos de 3,70 metros de produndidade.
  • Instalación de 342 metros de tubaxe polietileno de 75 milímetros de diámetro.
    Así, a través dos colectores de PVC conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará unha estación de bombeo, previa instalación dunha arqueta de entrada. Dentro do pozo de bombeo haberá dúas bombas trituradoras mergullable, xunto coa caldeirería e valvulería correspondente. Dende alí impulsaranse as augas fecais a través dunha tubaxe de polietileno de 75 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral de
    Gándara.
    As obras, que están adscritas ao POS+2019, teñen un período de execución de cinco meses.
Obras de dotación de saneamento ao lugar dos Muiños en Oleiros CR