Cobre San Rafael renova o patrocinio ao Boiro Voleibol

21 Setembro 2022

Miguel Álvarez.- A firma Cobre San Rafael patrocinará por segunda tempada consecutiva ao Boiro Voleibol. Pablo Núñez Fernández, director de Relacións Institucionais de Cobre San Rafael, e Emilio Palacio, presidente do Boiro Voleibol, pecharon o acordo no Pavillón da Cachada.
Pablo Núñez destacou que, para Cobre San Rafael, é fundamental “promover o desenvolvemento do deporte e dos valores. De feito, ambas as entidades compartimos valores como o apoio á base e desexamosncidir directamente na sociedade”. Neste sentido, a do Boiro Voleibol está considerada como
unha das mellores canteiras de España e, de feito, tres dos seus equipos participaron a pasada campaña
en campionatos nacionais.
Emilio Palacio, pola súa banda, indicou que “para o Boiro Voleibol é moi importante contar co apoio de Cobre San Rafael, unha compañía que desde o primeiro momento mostrou a súa implicación connosco e brindounos a súa confianza tanto a pasada tempada como esta”.
TERRAS (Transparencia, ética e responsabilidade real ambiental e social) O convenio de colaboración co Boiro Voleibol enmárcase na estratexia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) de Cobre San Rafael, TERRAS (transparencia, ética e responsabilidade real ambiental e social), que conta cunha serie de ámbitos de acción para impulsar medidas e iniciativas que melloren a contorna, desde o punto de vista ambiental, económico e social.
Cobre San Rafael propón unha operación moderna e sostible para volver producir cobre na histórica mina os próximos 15 anos. O investimento supera os 200 millóns de euros para xerar máis de 400 empregos directos. É un proxecto mineiro e de restauración ambiental, baseado na minería de transferencia, método que permite a restauración e integración na contorna dos ocos mineiros de forma paralela á explotación, e na aplicación das Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD) na xestión ambiental conforme á normativa europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...