“Cambios na federación nacional de confrarías de pescadores” – Antón Luaces

01 Setembro 2022

Máis de vinte anos avalan a andaina no sector pesqueiro dun home ao que sempre se coñeceu en Galicia polo seu labor como avogado. Un home, Torcuato Teixeira, que se mergullou plenamente nun sector no que chegou  a debater, propoñer, decidir, aportar e apostar, na percura de modificacións estruturais que permitirán que a pesca fose algo máis, moito máis, que guindar ao mar nasas, aparellos, e todo tipo de artes sen máis beneficios que aqueles que deixan os intermediarios.

Torcuato Teixeira incorpórase este xoves -confirmado a este xornal polo presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores  Basilio Otero- como asesor xurídico da entidade, cargo que durante moitos anos ocupou o asturiano Jacinto Insuza.

Agás unha previsible circunstancia de asesoría ou informe de carácter técnico, Torcuato Teixeira abandona as que ata o de agora eran as súas obrigas en PescaGalicia e FREMSS, para se centrar na problemática específica desa outra patronal da pesca de baixura que é a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores da que xa formara parte no seu tempo como patrón maior da confraría de pescadores da Coruña, por certo nuns momentos nada doados para o pósito coruñés.

E reforzo que Torcuato Teixeira significa para a federación nacional de pósitos españois é o que perden as entidades citadas (PescaGalicia e FREMSS) que tiñan nel un importante valedor.

Se ben sempre son necesarias todas as contribucións posibles para manter en primeira liña un sector tan importante no social e no económico como é a pesca -especialmente para Galicia-, os coñecementos de Teixeira evidenciados en moitísimas oportunidades permiten esperar del un labor decisivo para que a Federación Nacional de Confrarías ocupe o lugar que corresponde á importancia que en España ten a pesca de baixura, segmento decisivo en comunidades como a galega, a vasca, a andaluza, a canaria, a cántabra, a asturiana e as do Mediterráneo.

Co desexo de que ese saber facer do novo asesor técnico dea canto antes os primeiros resultados, este cronista fai votos para que os pósitos españois atopen op vieiro que lles permita non só manter o que teñen neste momento, senón que recuperen a representación que ata vai uns anos mantiñan no Estado español.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.