Boiro vai executar un tramo de beirarrúas na zona de Goiáns

01 Setembro 2022

O Concello de Boiro saca a licitación o Proxecto para a restauración de beirarrúas e continuidade de tramo existente na AC-305 ao seu paso por Goiáns por importe de 106.525,87 euros. As actuacións contan con financiamento do Plan Único Concellos (POS+2022) da Deputación da Coruña.
Con esta actuación o que se pretende é realizar dúas actuacións diferenciadas nos marxes da AC-305 ao seu paso por Ponte Goiáns. Por unha parte pretendese dar continuidade a beirarrúa xa existente no tramo sur, un tramo de 172 metros cadrados; e por outro vaise acometer a obra de restauración dun tramo de beirarrúa que da servizo peonil na AC-305. A primeira das actuacións que se pretende é a continuidade dun tramo existente entre os puntos quilométricos 25,44 e 25,62 empregando os mesmos materiais e servizos que a beirarrúa construída. A segunda das actuacións consiste na restauración dun tramo de beirarrúa en mal estado situado entre o PK 25,31 e o PK 26,37 e situada na beira norte da estrada.
O Proxecto de restauración de beirarrúa e continuidade de tramo existente na estrada AC-305 sae a licitación por un importe de 106.525,87 euros e vaise executar mediante o financiamento da Deputación da Coruña a través do POS+ 2022. A presentación de ofertas está aberta na Plataforma de Contratación do Sector Público ata o vindeiro 14 de setembro.

Estrada de Ponte Goiáns

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.