
O Concello de Boiro vai ser o anfitrión, o vindeiro martes 27 de setembro, do I Encontro de Profesionais da Xestión Cultural de Galicia que terá lugar no Pazo de Goiáns organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, estiveron a concelleira de Cultura, María Outeiral, e o presidente da AGPXC, Carlos Lorenzo.
A xornada contará con diversos faladoiros que versarán sobre a propia Asociación, a situación actual sector, prácticas no ámbito profesional… e tamén obradoiros de exemplos prácticos para o desenvolvemento do traballo. o encontro ten como obxectivo coñecer a situación actual do sector, así como ofrecer recursos formativos que faciliten o traballo dos profesionais do sector que desenvolven, executan, producen, organizan ou participan en distintas propostas culturais.
“A cultura é unha prioridade deste goberno xa que é algo fundamental para o desenvolvemento dun municipio. Acoller este encontro é unha gran oportunidade para seguir aprendendo e traballando a prol da cultura”, afirmou a concelleira María Outeiral. Na programación farase balance destes catorce
anos de asociacionismo profesional, técnicos e xestores que estiveron moi vinculados coa AGPXC e a súa andaina.
Alberto García, Pilar López, Pilar Portela, Xavier Campos ou Xulio Gutiérrez son exemplos do traballo realizado, ao igual que ferramentas como o “Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural para espectáculos ao Vivo” ou “Manual de Artes Visuais”. Propostas que formarán parte do programa do
Encontro do vindeiro 27 de setembro con presentacións e obradoiros prácticos.
Este primeiro Encontro tamén quere darlle relevancia ás liñas de traballo
NOTA DE PRENSA
Gabinete de Comunicación
Tfno. 981 84 48 00. Ext: 1205. Móbil. 669 582 968
Praza de Galicia, s/n, Boiro. 15930 (A Coruña)
que estamos a desenvolver vinculadas ás boas prácticas, á sustentabilidade, á
consecución dos ODS contemplados na Axenda 2030 e, tamén, as iniciativas
con programadoras e programadores co obxectivo de explorar novos modelos
de exhibición de espectáculos”, sinalou o presidente da AGPXC, Carlos
Lorenzo. “Por suposto e de xeito prioritario, o Encontro servirá para analizar
como afrontar a xestión cultural despois da pandemia e ante unha situación de
crise económica que xa estamos a sufrir”.
As inscricións son gratuítas e a capacidade é limitada. As inscricións
están abertas e toda a información dispoñible na web de xestoresculturais.gal.
PROGRAMA I ENCONTRO DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN CULTURAL
Pazo de Goiáns – Boiro, 27 setembro
09.30h – Apertura institucional. Participan; Carlos Lorenzo, Presidente da AGPXC, Xurxo Couto, Deputado da Área de Cultura na Deputación da Coruña e José Ramón Romero, Alcalde do Concello de Boiro.
10.00h – 11.10h – Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural: 14 anos de asociacionismo profesional. Con Alberto García, Pilar López, Pilar Portela e Xavier Campos.
11.15h – 12.15h – Situación actual do sector. Conversa sobre os retos actuais do sector, posibles respostas – solucións e exemplos inspiradores da Provincia da Coruña. Con Emi Candal e Xocas López
12.45h – 14.00h – Prácticas responsables no ámbito profesional da xestión cultural.
16.00h – 16.45h – Visita teatralizada á finca e Pazo de Goiáns a cargo dos Quinquilláns.
17.00h – 18.00h – Obradoiro práctico “Manual Boas Prácticas na Xestión Cultural para espectáculos ao Vivo”. Con Patricia Hermida.
18.00h – 19.00h – Manual de Artes Visuais. Exemplos prácticos no desenvolvemento profesional, a cargo de 7h Cooperativa Cultural.