Boiro convoca a primeira edición dos premios Benestar Social

22 Setembro 2022

O Concello de Boiro, a través da concellería de Servicios Sociais, convoca a primeira edición dos premios Benestar Social que teñen como finalidade recoñecer a labor social e de voluntariado. Nesta primeira edición vaise facer entrega de cinco distintivos para poñer en valor accións en beneficio da comunidade.
Este distintivo nace a partir da idea conxunta e da necesidade de agradecer a labor de persoas, entidades ou empresas que fan un traballo desinteresado, á vez que se incentiva o voluntariado. Vaise facer entrega de cinco distintivos que recoñecen os seguintes eidos: voluntariado, entidade, sector empresarial, inclusión e méritos extraordinarios.
Na actualidade estase a levar a cabo unha achega de propostas por parte das entidades para esta primeira edición dos premios. O distintivo de benestar Social do Concello de Boiro busca recoñecer anualmente a labor das persoas, entidades e empresas seguindo uns criterios técnicos e obxectivos.
O concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus, fixo fincapé na importancia de “recoñecer o esforzo e traballo individual e colectivo a prol do beneficio da comunidade para incentivalo”. “É necesario agradecer a labor das persoas, de nada serve acordarnos a título póstumo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.