Boiro adquire dous puntos limpos móbiles que recorrerán os núcleos do concello

30 Setembro 2022

O Concello de Boiro, mediante a Concellería de Medio Ambiente, vén de adquirir dous puntos limpos móbiles co obxectivo de achegar a reciclaxe aos núcleos de poboación de todas as parroquias. O concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus, fixo este venres 30 a presentación dos puntos limpos e a campaña de reciclaxe que se vai desenvolver.

O obxectivo desta adquisición é “financiar o programa Reciclaxe en movemento”, co que se van percorrer os distintos núcleos de poboación do municipio, achegando o servizo local de Punto Limpo que o Concello de Boiro ten en Espiñeira ás parroquias. “O que buscamos con esta campaña é ampliar os servizos en materia de recollida de lixo dos que dispón o Concello de Boiro e promocionar a reciclaxe aproximando o servizo de Espiñeiro á veciñanza“, recoñeceu o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus.

Os puntos limpos que se veñen de adquirir conteñen sete bocas de residuos para o acubillo de lámpadas e fluorescentes, téxtil e roupa, xoguetes e outros plásticos que non se poden depositar no contedor amarelo, pilas e baterías… entre outros.

O programa Reciclaxe en movemento comezara a mediados do mes de outubro e os dous puntos limpos rotarán cada dúas semanas, pasando durante todo o ano e estarán durante dúas semanas en cada núcleo.

A adquisición destes equipamentos realizouse mediante unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, actuacións co-financiadas polo fondo europeo relativo ao mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, financiado pola Unión Europea-Next GenerationUE.

Axenda

– Escarabote: do 01 ao 10 de xaneiro, 30 de maio ao 13 de xuño, 15 ao 29 de agosto, 19 e 31 de decembro.

– Piñeiro: do 10 ao 24 de xaneiro, do 13 ao 27 de xuño, do 29 de agosto ao 12 de setembro.

– Magdalena: do 24 de xaneiro ao 07 de febreiro, do 27 de xuño ao 04 de xullo, 12 ao 26 de setembro.

– Comoxo: do 07 ao 21 de febreiro, 04 ao 18 de xullo, do 26 de setembro ao 10 de outubro.

– Saltiño: do 21 de febreiro ao 07 de marzo, do 18 de xullo ao 01 de agosto, 10 ao 24 de outubro.

– Esteiro: do 07 ao 21 de marzo, 01 ao 15 de agosto, do 24 de outubro ao 07 de novembro.

– Pesqueira: 01 ao 10 de xaneiro, 21 de abril ao 04 de maio, 15 ao 29 de agosto, do 19 ao 31 de decembro.

– Castro: do 10 ao 24 de xaneiro, 04 ao 18 de abril, do 29 de agosto ao 12 de setembro,

– Triñans: do 24 de xaneiro ao 07 de febreiro, do 18 de abril ao 02 de maio, 12 ao 26 de setembro.

– Abanqueiro: do 07 ao 21 de febreiro, do 02 ao 16 de maio, do 26 de setembro ao 10 de outubro.

– Exipto: do 21 de febreiro ao 07 de marzo, do 16 ao 30 de maio, 10 ao 24 de outubro, do 05 ao 19 de decembro.

– San Roque: do 07 ao 21 de marzo, do 30 de maio ao 13 de xuño, do 24 de outubro ao 07 de novembro.

– Nine: do 21 de marzo ao 04 de abril, 13 ao 27 de xuño, 07 ao 21 de novembro.

– Pontebeluso: 04 ao 18 de abril, do 27 de xuño ao 04 de xullo, do 21 de novembro ao 05 decembro.

– Bealo: do 18 de abril ao 02 de maio, 04 ao 18 de xullo, 05 ao 19 de decembro.

– Moimenta: 02 ao 16 de maio, 18 de xullo ao 01 de agosto, 07 ao 21 de novembro.

– Cures: 16 ao 30 de maio, 01 ao 15 de agosto, 21 de novembro ao 05 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión