Boiro abre o prazo de inscrición para as actividades das Escolas Deportivas municipais para o curso 2022-2023

14 Setembro 2022

O Concello de Boiro promove unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2022-2023. As inscricións abren este xoves 15 de setembro e deben facerse no Departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura de Boiro. A concelleira, Dores Torrado, e o técnico de deportes, Manuel
González, fixeron esta mañá a presentación das actividades.
“O programa das escolas deportivas municipais cumpre 30 anos, o que significa que os gobernos do Concello e os clubs deportivos manteñen ao longo do tempo a aposta polo deporte base”, recoñeceu a concelleira de deportes, Dores Torrado. O Concello de Boiro destina este ano preto de 100.000 euros
para promover as escolas deportivas e o deporte base “iso é algo que se ve reflexado nos grandes éxitos que os clubs deportivos están a lograr en competicións nas distintas modalidades”.
Como cada ano, o programa está composto de actividades para nenos e nenas e actividades para persoas maiores, realizadas mediante a colaboración dos clubs deportivos. O técnico de deportes, Manuel González, recoñeceu que as Escolas Deportivas Municipais non se entenden sen a colaboración dos
clubs locais e a coordinación entre estes e o Concello”.
As inscricións estarán abertas a partir deste xoves día 15 e para formalizar a matrícula en calquera das modalidades que se ofertan as persoas interesadas deben dirixirse ao Departamento de Deportes do Concello de Boiro, situado na Casa da Cultura de Boiro, e aberto en horario de mañá de luns a venres e tamén os luns e xoves polas tardes.
Ximnasia para persoas xubiladas
Barraña 1. luns, mércores, venres (16:00-16:50 h)
Pavillón de Barraña.
Barraña 2. luns, mércores, venres (16:50-17:40 h)
Pavillón de Barraña.
Escarabote. luns, mércores, venres (18:00-18:50h)
Pavillón de Escarabote.
Comezo: 3 de outubro
Inscrición: gratuíta
Bailes de salón
Horario: Martes (16:30-18:00 h).
Lugar: Centro Social de Boiro
Comezo: 6 de outubro.
Inscrición: gratuíta
Proxecto “Boiro actívate”
(Para persoas con patoloxías ou doenzas moi específicas)
Horario: Luns, mércores e venres (11:45-12:45 h)
Lugar: Pavillón da Cachada.
Comezo: 3 de outubro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.