As últimas estimacións acercan o furacán Danielle a Galicia

04 Setembro 2022

As posibilidades de que o furacán Danielle afecte a Galicia incrementaronse nas últimas horas. Segundo as últimas estimacións, o roteiro máis probable que siga o furacán levarao ata a costa sur do Reino Unido e ao norte de Francia. Con todo, cada vez está máis presente a posibilidade de que chegue ao norte da Península Ibérica, afectando a Galicia e a todo o tercino norte peninsular.

Actualmente Danielle é un furacán de categoría 1, con refachos de vento que esta mañá alcanzaban o 150 km/h, e que se atopa máis ao norte do habitual debido ás altas temperaturas deste verán. As últimas estimacións realizadas polo Centro Europeo de Predición de Prazo Medio apuntan a que a circulación global da atmosfera absorberá o furacán nas próximas xornadas “para pasar a ser unha pequena e débil borrasca”.
Aínda que a posibilidade de que alcance a costa galega, a pesar de que se incrementou, segue sendo baixa, Danielle provocará moi posiblemente unha situación típica de borrasca. Isto implicará un mal estado da mar, que impedirá realizar con normalidade actividades de navegación ou pesca na costa atlántica.

Agora os modelos empezan a confirmar que o escenario de achegamento á península convértese no máis probable. Aínda que existe baixa probabilidade de que teña un alto impacto, xa en forma de borrasca. Weathernerds

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.