“As pesqueiras de augas profundas marcan un antes e un dempois na pesca comunitaria”

27 Setembro 2022

Na hora na que redacto esta crónica, seguramente seguirán reunidos os titulares de Agricultura e Pesca dos Estados membros que conforman a Unión Europea. Non dispoño agora mesmo de información algunha sobre se o Consello de Ministros  abordou a decisión da Comisión de pechar as pesqueiras en máis de 16.000 quilómetros cadrados de augas atlánticas, feito que levaría á ruína a máis de 200 armadores-propietarios de barcos comunitarios con base en Galicia e, directamente ao paro, a polo menos uns tres ou catro mil tripulantes galegos ou residentes na Comunidade Autónoma galega. Pero dou por seguro que o tema será tratado. España así o solicitou e coido alguén respostará. E Francia, Portugal e Irlanda coido asimesmo que non van quedar man sobre man agardando a que o eurocomisario Sinkevicijus solucione, por inspiración divina,  este tremebundo problema.

Este martes teremos as primeiras valoracións. Saberemos, por exemplo, que papel desempeña o Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea fronte a unha Comisión que leva a esta como distintivo e o medo como definición. Medo, sobre todo, ao que dirán aqueles que critican á pesca de fondo polo dano que as artes que esta emprega poidan causar en puntos concretos do fondo mariño, pero que non pon reparos aos que, ben seguro, ocasionan a minería submariña e a prospección para determinar as posibilidades de estraer dese fondo mariño gas e petróleo, con ou sen a técnica ou método do fracking que posibilita ou aumenta a estración de gas e petróleo do subsolo, neste caso concreto mariño, en supostos xacementos de hidrocarburos existentes -estou convencido- nas mesmas ou en boa parte parte desas augas que se consideran “sensibles” ás artes de fondo. A diferenza está en que a Comisión de Pesca do eurocomisario Sinkevicjus non puxo no ceo o seu berro mediático para denunciar ás grandes empresas petroleiras como si o fixo no caso dos armadores e mariñeiros que, sendo moitos máis que os empresarios petroleiros, non son nen con moito, tan poderosos coma estes. A máis, unha petroleira sempre terá un despacho para un excomisario, e un armador nen sequera pode asegurar un posto de traballo a bordo dun barco de alguén que, coma un comisario de pesca, carece de cartilla de embarque.

Hoxe, repito, saberemos algo máis. Especialmente se os ministros -en concreto o de España- presentou ou non algunha queixa, reclamación, obxección, etc. no Consello.

Luis Planas, ministro do Goberno de Pedro Sánchez para a agricultura, a pesca e a alimentación, dará conta do tratado no Consello. Oxalá confirme que este quedou enterado do grandísimo malestar xerado nos países pesqueiros comunitarios e, sobre de todo, que España está disposta a levar diante da Xustiza europea unha tal barrabasada para que sexan os tribunais os que lle canten a galiña a quen quece a cadeira dunha Comisión que só pesca catarros comenentes.

Estou convencido de que Galicia deberá falar dun antes e un dempois deste Consello de Ministros  de Agricultura e Pesca da UE.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...