Araño reivindica a súa riqueza patrimonial e natural coa segunda edición de Hórreo Vivo (venres 23 e sábado 24)

20 Setembro 2022

Remata setembro e remata o verán, pero aínda hai actividades de interese para xuntarnos e festexar a nosa cultura, o noso patrimonio e a nosa paisaxe. Por exemplo a segunda edición do Ciclo Hórreo Vivo, que se celebra este venres 23 e este sábado 24 de setembro na parroquia rianxeira de Araño.

Unha das accións máis destacadas do programa deste evento cultural celebrarase na tarde-noite do venres 23, cando se ilumine o Hórreo de Araño (considerado “o hórreo máis grande do mundo”) para, nese entorno, dar acubillo ao espectáculo teatral Quen ten cu, ten medo e escoitar unha contada de lendas por parte da veciñanza.

O sábado 24 pola mañá estará marcado por un roteiro polo río Té para ilustrar a súa fauna e flora, mentres que pola tarde, na carballeira xunto á Capela dos Milagros, haberá obradoiros de regueifa e creación, amais de xogos populares para toda a familia.

Darase peche ó ciclo na noite do sábado 24, no mesmo lugar, cun festival de grupos emerxentes galegos, no que se contara cun punto lila facilitado polo Concello de Rianxo.

Este ciclo, organizado en colaboración entre a Asociación Cultural Carballeira de Baia e a Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e a Comunidade de Montes do Araño.

Para este evento cultural, financiado pola Deputación da Coruña, cóntase tamén coa colaboración da Asociación Avoar e do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.