Araño conmemora os días 23 e 24 o seu rico patrimonio cultural e arquitectónico (Ciclo Hórreo Vivo)

08 Setembro 2022

Os vindeiros venres 23 e sábado 24 de setembro, a parroquia rianxeira de Araño vai celebrar a segunda edición do seu Ciclo Hórreo Vivo, un evento cultural que busca poñer en valor o patrimonio arquitectónico, ambiental e inmaterial da localidade e da súa contorna. Unha das accións máis destacadas do programa celebrarase na tarde-noite do venres 23, cando se ilumine o Hórreo de Araño (considerado “o hórreo máis grande do mundo”) para, nese entorno, dar acubillo ao espectáculo teatral Quen ten cu, ten medo e escoitar unha contada de lendas por parte da veciñanza.

O sábado 24 pola mañá estará marcado por un roteiro polo río Té para ilustrar a súa fauna e flora, mentres que pola tarde, na carballeira xunto á Capela dos Milagros, haberá obradoiros de regueifa e creación, amais de xogos populares para toda a familia.

Darase peche ó ciclo na noite do sábado 24, no mesmo lugar, cun festival de grupos emerxentes galegos, no que se contara cun punto lila facilitado polo Concello de Rianxo.

Este ciclo, organizado en colaboración entre a Asociación Cultural Carballeira de Baia e a Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e a Comunidade de Montes do Araño.

Para este evento cultural, financiado pola Deputación da Coruña, cóntase tamén coa colaboración da Asociación Avoar e do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.