Aprobada a instalación de semáforos no Cruce de Aguiño con varias estradas

06 Setembro 2022

O Concello de Ribeira acaba de aprobar o expediente para emprender unha actuación consistente na instalación de semáforos no cruce entre as estradas 7305, 7306 e 7307, na localidade de Aguiño, que se
corresponden coas rúas de Sálvora e Francisco Lorenzo Mariño (7305), rúa da Cerca (7306) e rúa Listres (7307).
Actualmente este transitado cruce non conta con sinalización semafórica, contando unicamente con sinalización vertical e horizontal de Stop con preferencia da vía DP 7305.
Oito semáforos
Co fin de mellorar a seguridade viaria vaise licitar o subministro e instalación de oito semáforos de columna, catro dos cales disporán de tres ópticas para vehículas e dous para peóns, mentres que os
outros catros disporán de dous ópticas para peóns. A execución deste proxecto leva aparellado o subministro e instalación tamén dun regulador electrónico, avisador acústico, pulsador táctil e
interruptor diferencial, entre outros elementos.
Tamén se colocarán na beirarrúa luminarias Led a ambos extremos de cada paso de peón sobre báculos ou na propia columna.
O prazo de entrega, instalación e posta funcionamento ten un prazo máximo dun mes e medio.A iniciativa conta cun orzamento base de licitación de 46.200,01 euros, IVE incluído, cofinanciado con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro da Edusi ‘Máis Ribeira Atlántica’.

En próximas datas procederase coa licitación desta actuación e a conseguinte apertura de período de ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

A INTERVENCIÓN MELLORARÁ A SEGURIDADE VIARIA NA CONFLUENCIA DAS RÚAS SÁLVORA, FRANCISCO LORENZO MARIÑO, LISTRES E DA CERCA

Outros artigos

Ribeira celebra o Día da Bici con máis de 400 participantes

Ribeira viviu este domingo unha xornada festiva co Día da Bici, un evento organizado pola Concellería de Deportes en colaboración co Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, a Policía Local, GAEM e Protección Civil. Máis de 400 persoas de todas as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.