Ana Miranda denuncia ante a Defensora do Pobo Europea a decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo

23 Setembro 2022

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, anunciou que xa trasladou á Defensora do Pobo Europea a decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de arrastre en 87 caladoiros do Atlántico sen ter realizado de forma previa un estudo das consecuencias sociais e económicas desta prohibición no sector pesqueiro
galego. ”É inaceptable que o comisario tome unha decisión deste calado sen medir o seu impacto económico, trátase dun defecto de forma moi grave”, subliñou Miranda nun encontro co sector pesqueiro na lonxa de Ribeira, xunto a deputada Rosana Pérez e o portavoz municipal do BNG en Ribeira, Luis Pérez Barral, e a concelleira Cruz Rivadulla..
“Consideramos que o comisario de Pesca debe dimitir por prevaricación, por incumprimento dos actos administrativos, xa que unha medida de impacto económico tan grave debe ir acompañada non só de informe científico senón tamén dun estudo de impacto socioeconómico”, explica Ana Miranda, quen defendeu que a Comisión comete unha ilegalidade que debe ser trasladada á Defensora do Pobo Europea, Emily O’Reilly.
Ademais da gravidade da actuación do comisario de Pesca, para a deputada nacionalista os gobernos galego e estatal non souberon anticiparse a esta decisión, que é “un agravio máis” á frota pesqueira galega, que se suma á aprobación do Regulamento de Control e a redución de cotas. “A ignorancia da Comisión Europea e a pasividade dos gobernos galegos e estatal teñen estas consecuencias”, manifestou
Ana Miranda, quen lembrou que o mesmo día da publicación desta normativa solicitou entrevista urxente co comisario de Pescada UE, Virginijus Sinkevicius.
A eurodeputada do BNG indicou que o 29 de setembro celebrarase a vindeira Comisión de Pesca, na que trasladará a situación do sector pesqueiro galego ao resto de eurodeputados e eurodeputadas, para o cal xa solicitou ao presidente da Comisión a inclusión deste tema na orde do día. Ademais, expresou o apoio do Bloque á concentración que terá lugar o vindeiro 8 de outubro na prazo do Concello de Ribeira,
para protestar contra esta prohibición da pesca de fondo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...