Amicos plasma nun vídeo o forte compromiso de JEALSA coa integración social e renova convenio coa conserveira

30 Setembro 2022

A sede de Amicos en Boiro acolleu este venres 30 de setembro a presentación do vídeo Historia dunha alianza, un audiovisual onde a asociación quixo deixar patente “o gran compromiso da conserveira JEALSA dentro do seu programa de responsabilidade social corporativa We Sea”. O vídeo tamén deixa constancia do importante traballo despregado pola empresa local en relación a tres dos grandes piares de actividade de Amicos: inserción laboral de persoas con discapacidade, apoios e oportunidades a persoas con grandes discapacidades (a través da fábrica social e os obradoiros prelaborais de Amicos) e traballo conxunto en proxectos de integración escolar de nenos con discapacidade, a través dos proxectos Badaboom e Festiritititi. Amais destes tres alicerces básicos, Amicos tamén quixo salientar outro piar: o compromiso coa unidade de apoio e estimulación sensorial da asociación.

Ao rematar a proxección, Margarita Hermo, directora de relacións institucionais de JEALSA, e Xoan España, director xeral de transformación de Amicos, asinaron a renovación do convenio de colaboración co obxectivo de “seguir promovendo as oportunidades de inserción laboral e os proxectos de integración escolar”.

Hermo quixo dar as graza a Amicos e comentou que coa renovación deste acordo “seguimos afianzando a relación que comezou fai máis de dez anos coa asociación, unha alianza que nos permite seguir aportando á sociedade contribucións positivas que axudan ás persoas máis vulnerables e ás súas familias, ao tempo que intentamos concienciar a tódolos veciños e veciñas da importancia de construír unha sociedade máis inclusiva”. Así mesmo, Hermo aproveitou para felicitar a Amicos polo importante labor que están desenvolvendo e que “este proxecto que naceu da man de Esther fai tantos anos, véxase moi axiña culminado coa ampliación que están desenvolvendo”.

Xoan España apuntou que “hoxe e un día especial, un día diferente para nós, xa que as alianzas son un dos nosos motores transversais”. Para iso, engadiu, realizaremos “o coidado dos máis fráxiles, coa dotación de recursos para manter os servizos e as unidades de investimento e estimulación sensorial, a segunda das patas é profundar e apoiar a inserción laboral nas distintas factorías do grupo JEALSA, e a terceira é fornecer de carga de traballo e actividade aos distintos talleres da nosa asociación con traballos de packing e manipulado, e sobre todo, xerar unha actividade que dificilmente poderiamos realizar sen o seu apoio, e por último visibilizar o impacto social co apoio o Festirititi, que é a festa que celebramos o día 3 de decembro polo día mundial da discapacidade ”. España agradeceu a colaboración da conserveira e salientou que grazas a ela “puidemos apoiar a pequenos e adultos con discapacidade intelectual en toda a súa etapa vital e as súas familias nestes últimos 10 anos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...