Ambar celebrou o seu 40 aniversario no Restaurante Baiuca

13 Setembro 2022

O Restaurante Baiuca acolleu este sábado 10 de setembro a gala para celebrar o 40 aniversario da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. O acto foi conducido polo dramaturgo e contador local Quico Caval, quen oficiou de mestre de cerimonias do evento e inaugurou o acto cun monólogo, amenizando a xuntanza durante o momento dos pinchos.

Na gala dispúxose dunha intérprete de lingua de signos que transmitiu tanto as palabras do monologuista como as seguintes intervencións que fixeron as autoridades antes de dar comezo á cea. Contouse coa coa presenza de Fernando González, director xeral de Discapacidade; Anxo Queiruga, presidente de COGAMI e Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira. A continuación das palabras das autoridades, Milagros Rey, presidenta de Ambar, deu un discurso no que falou sobre os seus inicios e andadura na asociación. E engadiu: “Temos claro que o camiño que queda por andar está en orientar os nosos esforzos a ser a ponte que une as persoas con diversidade coa comunidade na que viven e promovendo que poidan convivir co resto de persoas da súa idade. Porque soamente desa maneira poderán despregar todo o seu potencial, e enriquecernos como sociedade”.

Ao remate da cea celebrouse un bingo solidario dirixido por Zeltia Iglesias, técnica de inclusión de Ambar. No xogo sorteáronse agasallos doados por diferentes entidades da comarca, entre eles unha noite para dous persoas no Hotel Atmos de Outes, unha manicura semipermanente no salón de beleza Alba Santos, unha cea para 4 persoas no Restaurante Sisal da Pobra, unha cesta de produtos da Farmacia Escarabote, unha Thermomix por xentileza de Carmen Vidal, unha xoia elaborada polo artesán Fernando Gallego e un pack de conservas FRINSA.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, durante a súa intervención

Rematado o sorteo, Helena Teira, coordinadora xeral da entidade; Alicia Romero, secretaria da Asociación Ambar; Rosana Olveira, responsábel do servizo de Atención Diúrna e Ana Franco, profesional da área de desenvolvemento ocupacional; foron as encargadas de facer o discurso de peche ao que se foron sumando todos os membros do equipo Ambar que estaban entre os asistentes da gala.

“Grazas a todas e todos por acompañarnos durante estas catro décadas, sen vós este camiño non sería posible. Gracias de todo corazón”. Despois destas palabras de Helena Teira, o grupo de artes escénicas de Ambar formado por Paula, Merce, Carmen, Marina, Noelia e Montse deron comezo ao baile e invitaron a todas as persoas da sala a unirse e a desfrutar da festa.

Outros artigos

Unha saída de vía en Ribeira deixou dúas mulleres feridas

Os equipos de emerxencias axudaron a saír ás implicadas, que foron evacuadas ao Hospital do Barbanza. Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira. Dez minutos...

+

Incendio nunha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro  foron alertados esta mañá dun incendio que afectou a unha vivenda na parroquia de Artes, no concello de Ribeira. O foco inicial do lume foi iniciado dun deshumificador que ardeu e afectou a unha habitación,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...