Adxudicación provisional dos traballos para mellorar as instalacións de pretratamento de Xarás

19 Setembro 2022

O Concello de Ribeira adxudico de xeito provisional as melloras funcionais e de operación nas instalacións de pretratamento de augas residuais do polígono industrial de Xarás, situadas no Touro. Esta intervención recaeu na empresa Sociedade de Fomento Agrícola Castellonense, S.A. (FACSA), á espera de que presente a oportuna documentación administrativa a efectos de que tal adxudicación adquira carácter definitivo.

Conforme á súa proposta, a actuación comportará un investimento de 114.746,2 euros, e conta cunha subvención de Vicepresidente Primeira da Xunta.

O Concello lembrou que o proxecto que se vai executar comprende a construción dunha cámara de desareado previa á estrutura de desbaste e cámara de carga do emisario, así como o recrecido da cuberta para dispoñer dunha maior altura libre (de 8,46 a 9,66 metros) que facilite os labores de mantemento.

Amais, contémplanse actuacións adicionais relativas á adaptación de pasarelas, varandas, elementos de acceso e conexións de conducións á nova xeometría proxectada para o conxunto da cámara de carga e pretratamento do emisario.

O prazo de execución da obra son catro meses.

Modificación do bombeo en Pedra Pateira

Ademais do anterior, adxudicouse provisionalmente outra actuación destinada a modificar a estación de bombeo de augas residuais situada en Pedra Pateira a través da instalación dunha nova bomba centrífuga antideflagrante que mellora as instalacións desta infraestrutura.

Neste caso a recaeu en Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U., conforme a unha proposta de 20.877.73 euros.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.