A Xunta apoia a demanda da frota para que España presente recurso contra o veto á pesca de fondo e solicite a súa suspensión temporal

22 Setembro 2022
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reunirase con representantes do sector pesqueiro e con xuristas expertos para seguir avaliando o veto á pesca de fondo decretado pola Comisión Europea.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un novo encontro con representantes do sector pesqueiro galego e xuristas especializados para analizar os pasos a dar ante o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas en preto dun cento de áreas en augas comunitarias. A titular de Mar trasladou a petición unánime da frota galega a prol da presentación dun recurso estatal contra esta medida, así como a súa suspensión temporal, unha demanda que a Xunta apoia.
A representante do Executivo galego salientou que o Estado é un actor privilexiado, polo que ten moito máis fácil xustificar e fundamentar o recurso para a súa presentación. Iso axilizaría a tramitación en relación coa outra alternativa, a da presentación de recursos individuais das casas armadoras, que terían que xustificar que son parte prexudicada e fundamentar a súa demanda para que sexa admitida a trámite. Nese caso, a Xunta podería actuar como parte coadxuvante pois o dano principal é ás empresas.
Rosa Quintana lembrou que na reunión mantida onte en Madrid os representantes do sector e das comunidades autónomas implicadas trasladaron ao Goberno central o seu apoio total ao posible recurso estatal e reiterou que a Xunta apoiará calquera actuación neste sentido aportando os datos e argumentos técnicos e xurídicos necesarios.
A conselleira incidiu en que, de non paralizarse a entrada en vigor deste regulamento, o 9 de outubro o sector pesqueiro español e moitas das súas zonas costeiras atoparanse cun serio problema económico. En canto á frota, habería un desprazamento das áreas vetadas a outras nas que están faenando outros buques, polo que os solapamentos poderían xerar conflitos entre barcos polo espazo e un menoscabo das condicións laborais dos tripulantes pois a operativa de pesca neses casos exixe moito máis tempo de traballo.
A maiores, fixo un chamamento ao conxunto da sociedade e advertiu de que este é un problema de toda a comunidade pois non afecta só aos 200 barcos prexudicados directamente senón a importantes localidades costeiras como Ribeira, Celeiro ou Burela. “Esas zonas de Galicia sufrirían moito, perdendo o seu principal pulmón económico e a soberanía alimentaria que tan importante foi durante a pandemia pola covid-19”, subliñou Rosa Quintana.
A Xunta trasladou tamén aos representantes do sector que apoiará xurídica e tecnicamente ás casas armadoras que decidan presentar recurso contra o veto á pesca de fondo e que contribuirá a enriquecer e fundamentar as súas demandas ante unha decisión totalmente arbitraria e carente de argumentos científicos que a sustenten.
A prohibición afecta de xeito directo a arredor de 200 buques de capital galego e podería chegar a afectar a preto de 900 embarcacións de artes menores ben polo desprazamento da frota que faenaba nas zonas vetadas e o solapamento de áreas de pesca ben por unha futura ampliación da medida a outras artes que teñen contacto co fondo mariño.
Colaboración con outras comunidades
Ante esta situación, o Executivo galego tamén está a contactar coas súas homólogas e homólogos nas comunidades autónomas con intereses pesqueiros para pedir a súa implicación ante unha medida que pode supoñer un golpe mortal para a frota española.
Este problema non só prexudica a Galicia senón tamén a outras comunidades como Andalucía, Asturias, Cantabria ou o País Vasco, polo que é importante traballar xuntos e facer forza en Europa contra esta medida.
Bruxelas decidiu seguir adiante con esta prohibición malia que a votación da Unión Europea non supuxo unha maioría cualificada, polo que debería volver iniciarse a súa tramitación. Pola contra, con total falta de transparencia e mala fe -pois prometera revisar esa decisión con novos datos e informes científicos e non o fixo- seguiu adiante publicando o pasado luns un regulamento executivo no Diario Oficial da Unión Europea que entrará en vigor a comezos de outubro.
Rosa Quintana, que estivo acompañada na reunión polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asegurou que a Xunta está a disposición do sector e do Goberno central para apoiar en todo o que sexa posible na busca de argumentos que permitan frear esta decisión, que foi tomada desde un punto de vista excesivamente medioambientalista e sen ter en conta o seu impacto social e económico.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reunirase con representantes do sector pesqueiro e con xuristas expertos para seguir avaliando o veto á pesca de fondo decretado pola Comisión Europea.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...