A Regata 50º Aniversario porá en valor o Trofeo Especial Escola de Vela Ramiro Carregal Rey

30 Setembro 2022

Juan Caballero.- O último trimestre de 2022 no calendario de competición oficial da Real Federación Galega de Vela inaugúrao o Club Náutico e Deportivo de Ribeira, coa organización da primeira proba da nova tempada, que será unha regata clasificatoria da clase Optimist, a máis numerosa da comunidade.

Congregando a máis de 150 nenas e nenos de toda Galicia en augas da ría de Arousa, os pequenos embaixadores representan ás escolas e de vela máis destacadas da comunidade, aproximadamente 12 entidades náuticas, poñendo especialmente en valor nesta cita velística co deporte infantil, a propia anfitrioa, a Escola de Vela Ramiro Carregal Rey, promotora do evento con motivo da conmemoración do 50º aniversario da entidade social e deportiva de Ribeira.

Durante dúas xornadas disputaranse seis mangas, cun campo de regatas montado sobre a lámina de auga máis próxima á praia de Coroso, moi visible desde a cidade. As categorías que se distinguen son Sub13, tanto masculina como feminina; e Sub16, tamén masculina e feminina.

Os bocinazos de saída están previstos ás 14.30 horas o sábado e as 10.30 o domingo, coa entrega de premios ás 18.00 h dominicais nas propias instalacións do Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...