A Praza de Abastos de Noia recupera o seu esplendor orixinal

14 Setembro 2022

O Concello de Noia está a devolver o esplendor a unhas das moitas xoias patrimoniais do seu centro histórico e doutras contornas: a Praza de Abastos. Segundo puideron constatar veciños e visitantes estes días, o edificio foi recuperando estes días a súa cor orixinal a través dun ambicioso proxecto de transformación que veu cun orzamento de máis de un millón de euros. Os traballos centráronse sobre todo (polo de agora) na fachada lateral inferior e frontal.

Imaxe de El Correo Gallego na que se aprecia a recuperación das cores iniciais da fachada

O obxectivo do proxecto é achegar ao inmóbel unha imaxe acorde cos novos tempos ao que se reivindica as súas formas e elementos históricos. Quérese devolver á Praza de Abastos, tamén, o seu carácter referencial dentro da actividade económica, social, comercial, turística e comercial de Noia. “Agora rematouse o acondicionamento da fachada lateral interior e da frontal, que recuperaron a súa feitura orixinal de cor branca, e xa se procedeu á desmontaxe do andamio”, informou o rexedor Santiago Freire, quen lembrou que queda pendente a vertente de carpintería e engadiu que a previsión é ter os traballos exteriores rematados ao longo do mes de outubro. Tamén fixo saber que a recuperación do inmóbel acompañarase da habilitación de puntos de luz que realcen as formas da estrutura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...