A Policía Local de Rianxo destaca o comportamento exemplar da maior parte da mocidade congregada na Guadalupe

15 Setembro 2022

A Policía Local de Rianxo emitiu este xoves 15 de setembro un comunicado relativo ás Festas da Guadalupe no que os axentes fan saber que dentro do Plan de Seguridade Cidadá establecido con ocasión destes festexos o pasado luns día 12 despregouse un dispositivo especial coordinado coa Policía Autonómica e coa colaboración da Garda Civil de Tráfico de Santiago destinado a previr o consumo de alcohol por menores e durante a condución. Nel participaron un total de 16 membros de ditos corpos de seguridade (Policía Local de Rianxo, Policía Autonómica e Garda Civil), tanto de uniforme como de paisano. No comunicado os corpos implicados destacan o comportamento exemplar da gran maioría da xuventude participante nos festexos.

En dito dispositivo prestouse especial atención á Romaría das Juadalupeñas, que congregou na praza Castelao e na urbanización A Martela a uns 1.500 mozos e mozas que participaron nas distintas actividades organizadas.

Como resultado do mesmo instruíronse 7 actas denuncia: 4 por consumo de alcohol de menores, 2 por tenza e consumo de estupefacientes en vía pública e 1 por difusión non autorizada nunha coñecida rede social da imaxe dos funcionarios de policía de paisano actuantes durante o servizo que, segundo indica a Policía Local rianxeira,puxo en risco a súa identidade e dificultou de xeito considerábel o dispositivo establecido.

Amais caravana morada anti-agresións machistas emprestou apoio, asesoramento e información a toda a mocidade e sanitariamente foron atendidos varios menores por distintas causas, ningunha delas relacionada coa inxesta de alcohol.

Como dixemos, dende a Policía Local destacan “o comportamento exemplar da inmensa maioría de mozos e mozas colaborando tanto coa organización como cos distintos servizos de emerxencia e seguridade presentes na zona, e pola súa actitude responsable durante a romaría e posterior festa das peñas”. Os axentes tamén agradecen a colaboración da Comisión de Juadalupeñas pola súa implicación para o éxito desta xornada festiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...