A obra do certame local Residentes 2022 pode visitarse no Pazo de Goiáns durante o mes de outubro

30 Setembro 2022

O Pazo de Goiáns acolle durante todo o mes de outubro a mostra Residentes 2022 cos traballos de Clara Álvarez, Deebo Barreiro e Sol Álvarez. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e a directora da galería La Doce, María Magán, acompañaron este xoves 29 de setembro ás artistas na inauguración da mostra.

A actividade ten a súa orixe no certame Residentes: residencias artísticas de Boiro 2022, convocado polo Concello de Boiro e La Doce co obxectivo de incentivar a creatividade e a produción artística visual para contribuír á consolidación e crecemento do sector artístico local. Os traballos gañadores foron as propostas de Sol Álvarez, Deebo Barreiro e Clara Álvarez e que se poden ver no Pazo de Goiáns durante todo o mes de outubro.

Sol Álvarez mostra as pezas de cianotipia realizadas, unha impresión de imaxes en telas. Deebo Barreiro mostra o traballo A pel e o mar con fotografías de peles de persoas vinculadas co mundo do mar. Clara Álvarez amosa unha mostra de material queimado recollido do gran incendio deste verán e cerámica realizada con esa cinsa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.