“A Nouvelle Vague queda orfa” – Manuel Domínguez

14 Setembro 2022


Morre aos 91 anos por suicidio asistido Jean-Luc Godard, inventor do cinema moderno. O director francosuízo revolucionou a linguaxe cinematográfica desde as súas primeiras películas no seo da Nouvelle Vague.

A voz feminina deste histórico movemento cinematográfico apagouse no 2019. Trátase de Agnès Varda (Ixelles, Bélxica, 30 de maio de 1928 – París, 29 de marzo de 2019), actriz, directora, guionista e artista cinematográfica francesa, unha das pioneiras do cinema feito por mulleres e do cinema feminista.

Jean-Luc Godard sempre foi ao contraxeito, ata nos tempos da Nouvelle Vague, onde mantivo un enfrontamento co outro gran director xurdido do movemento que revolucionou a Sétima Arte, o seu amigo François Truffaut, falecido en 1984.

Cineastas de renome dentro do movemento deste movemento foron François Truffaut, Jean-Luc Godard, Andre Bazin, Eric Rohmer ou Claude Chabrol.

En maio de 1968, o Festival de Cannes foi suspendido pola interrupción das proxeccións que fixeron Godard, François Truffaut, Polanski e outros cineastas, en apoio e solidariedade ao movemento estudantil e obreiro do Maio Francés.

Aquel ano tan emblemático, Truffaut e Godard, xunto con moitos outros mozos colegas -estaban Claude Lelouch, Alain Resnais, Claude Chabrol- declararon prematuramente a clausura do festival, involucrando na protesta tamén a cineastas estranxeiros como Milos Forman, Polanski e Vitti que formaban parte do xurado.

A inicios do 2016, o instituto de cinema británico nomeou a Anna Karina a musa do cineasta Jean-Luc Godard. Gran parte da prensa inglesa indignouse, “como podía ser que aínda se manexen eses conceptos retrógradas e denigrantes para as mulleres?” Quixeron obrigar aos organizadores a cambiar a palabra. Pero Anna Karina opúxose e deu dúas razóns. Primeiro, gustáballe a palabra “musa”, e segundo, ningún deles sabía nada da súa relación con Godard, despois de todo, foi ela quen viviu a súa vida.
Con respecto a O libro de imaxes (2018) de Godard, Cannes creou unha Palma de ouro especial que ten moito de honorífica, pero tamén de necesaria para premiar esta inclasificable película que, como segue sendo marca da casa, non competía no mesmo terreo que as demais participantes.

Velaquí a miña homenaxe , recoñecemento,aos rebeldes, con causa ou sen causa.

Godard e a súa musa Anna Karina

Agnés Varda

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...