A Marea oponse á supresión da liña de autobús das 7.15 horas entre Noia e Santiago

02 Setembro 2022

A Marea anuncia unha queixa formal ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia polos cambios no liña que une Noia – Santiago na que se elimina o autobús das 7:15h e se pasa a unha liña que sae de Noia ás 7:55h e chega a Santiago de Compostela ás 9:00h. “Este horario”, explica a agrupación, “limita ao alumnado universitario que comeza en gran medida as clases ás 9:00h e que chegarían tarde as clases, e tamén aos estudantes da FP, xa que institutos como o Politécnico comeza ás clases ás 8:45h.

“Esta medida que implanta o Partido Popular tradúcese nun recorte dun servizo básico, que permitía ao alumnado noiés residir en Noia durante o ano, e aforrar nos custes de vivenda en Santiago de Compostela”, engade a agrupación, sinalando que estes residentes na súa localidade de orixe veríanse obrigados agora a residir en Compostela ou verse na obriga de faltar ás primeiras clases, mermando a súa calidade educativa

Dende a Marea indican que “ dende o Goberno municipal de Noia non houbo ningunha soa queixa ao respecto ante un servizo básico, cando nos consta que as familias pediron axuda ao Concello de Noia por este asunto. É evidente que non lles interesan os servizos públicos,, dende que gobernan só perdemos servizos ou merma a calidade dos mesmos”, sinalan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión