A Marea de Noia inicia unha campaña para a inclusión de Noia na Área do Transporte Metropolitano de Santiago

02 Setembro 2022

Dende a Marea de Noia emitiron un manifesto no que a agrupación reivindica a inclusión de Noia na área do transporte metropolitano de Santiago de Compostela. “Somos moitas as persoas que temos que desprazarnos a Santiago con regularidade: para estudar, para traballar, para ir ó hospital, etc…e se temos ou queremos facelo en transporte público ofrécenos un servizo que non mudou en medio século cuns prezos que non paran de subir”, explican dende a agrupación, engadindo que “a inclusión de Noia na área compostelá faría que o prezo pasara dos 3,70€ que custa actualmente a 2,20€ , con posibilidade de descontos do 50% para quen faga polo menos 40 viaxes ó mes”.

Ademais, engaden, “unha vez en Santiago teriamos unha hora para coller gratis calquera urbano e movernos pola cidade”.

Segundo opinan, “se queremos empregar o autobús para ir a traballar ou a estudar, non podemos tardar unha hora en chegar tendo novas vías de comunicación coa capital que practicamente non se están a empregar”.

A Marea de Noia considera que a inclusión na área metropolitana faría que aumentaran os buses directos polo corredor: “Sería máis rápido e doado ir ao traballo, ao instituto ou á universidade, por iso esiximos tamén buses directos ás 7:50 para ir e as 14:50 e 20:00 para volver”.

Este xoves membros da Asemblea da Mocidade da Marea de Noia participaron nun reparto para informar a cidadanía desta posibilidade. Logo o concelleiro Manolo Seijas, a deputada de En Marea, Paula Quinteiro e o voceiro da asemblea de mocidade Iván Rodríguez atenderon aos medios de comunicación. O voceiro da Marea destacou que “é moi importante para Noia esta inclusión, unha boa conexión de transporte público con Santiago de Compostela é fundamental, pois dependemos administrativamente, de xeito sanitario e de educación”.

Pola súa banda, a deputada Paula Quinteiro asegurou que “trasladaremos esta proposta ao Parlamento Galego para instar á Consellería de Educación a que axilice este proceso, que se traduce nunha mellora no transporte público”.

Iván Rodríguez, salientou que “para a mocidade que non dispoñemos de vehículo privado é clave que se reduza o tempo e o prezo das viaxes”.

A campaña que se desenvolverá ao longo desta semana pretende demostrar que “hai un necesidade real desta inclusión e que se axilice a incorporación de Noia e comarca na Área do Transporte Metropolitano, tal e como se aprobou en practicamente en todos os Concellos”, indican.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...