“A Inmigración” – José Manuel Pena

26 Setembro 2022

A Unión Europea e os seus países membros son os maiores doantes mundiais de axuda humanitaria. Concretamente a U.E., cada ano, presta axuda a máis de 120 millóns de persoas. Por tanto resulta paradoxal que algúns países, por libre, pensen en perseguir aos “inmigrantes en situación irregular” para expulsalos dos seus territorios. Mesmo obrigando aos propietarios de vivendas para que non as aluguen a persoas que carezan de papeis.

Con estas medidas, é evidente que non se vai liquidar o problema dos miles de inmigrantes que queren acceder a Europa en busca dunha vida mellor para eles e as súas familias. Algúns son tratados peor que animais pero son persoas que chegan de países en conflito ou que viven na miseria económica e teñen dereito a buscarse a vida, como o fixeron, na década do sesenta, moitos dos nosos paisanos galegos e doutras comunidades.

Coa forza, o medo e a represión nunca se chegará a terminar coa inmigración irregular. Habería que facer gala da tolerancia, a empatía e a humanidade, traballando en dúas frontes: un, acollendo un número importante destas persoas nos diferentes países da Unión Europea e a outro fronte sería tratar de que poidan vivir, con dignidade, nos seus países de orixe. Para iso sería necesario investir realmente e de maneira eficaz, eses millóns de euros en colaboración humanitaria, dunha maneira produtiva. A través de proxectos de formación, emprego, comercialización dos seus produtos e que a Unión Europea entenda que tanto África como Asia terían que ser os seus provedores preferentes deses produtos. Sería unha maneira de asegurar que as persoas quedasen nos seus países sen necesidade de xogarse a vida.

A inmigración nunca debería ser un problema. O problema é a insensibilidade e falta de humanidade de moitas persoas, que viven no primeiro mundo, e os gobernos corruptos e ditaduras militares que hai na maioría deses países.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.