A Deputación da Coruña declara o seu “firme rexeitamento” ao veto da Comisión Europea á pesca de fondo

30 Setembro 2022

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha declaración institucional en defensa da frota pesqueira galega, na que declara o seu “firme rexeitamento á arbitraria aprobación” do novo regulamento da Comisión Europea que veta a pesca de fondo.

Así, a institución provincial manifesta o seu apoio ao sector pesqueiro de artes de fondo e súmase ao manifesto asinado polo Consello Galego de Pesca ante a decisión da Comisión Europea de impor o peche, a partir do 9 de outubro, á pesca de fondo en 87 zonas consideradas vulnerables en Irlanda e o golfo de Cádiz, “que ten un enorme impacto económico no noso país”.

A Deputación da Coruña insta, por unha parte, ao Goberno Central a: “que manteña o rexeitamento público aos ataques que o sector de arrastre de fondo está a sufrir por parte da Comisión Europea, que defenda a importancia deste sector no conxunto do sector pesqueiro e da economía marítima europea, e que reitere ao comisario de Medio Ambiente que teña en conta as opinións do sector e os datos cuantitativos da súa representación sobre o total da frota pesqueira europea”.

Pola outra, ínstase á Xunta de Galicia a que apoie, “tanto o imprescindible recurso do Goberno de España diante da Comisión Europea, como todas aquelas medidas legais que adopten as empresas armadoras pola súa conta” e a que reitere “ao Goberno de España a urxente necesidade de solicitar á Comisión Europea que rectifique e anule ou suspenda o novo Regulamento UE 2022/1614 da Comisión polo que se determinan as zonas de pesca en augas fondas e establécese unha lista de zonas nas que se coñece a existencia de ecosistemas mariños vulnerables ou a posibilidade de que existan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...