A Consellería do Mar traballa co instituto BDRI (O Grove) para minimizar a interacción das candorcas cos barcos a vela

27 Setembro 2022

Co obxectivo de determinar liñas de actuación para minimizar as interaccións das candorcas na navegación de embarcacións a vela e aumentar a seguridade, o centro Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con sede no Grove, acolleu este martes 27 de setembro unha xuntanza de traballo entre a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o director do BDRI, Bruno Diaz. Este centro, como lembraremos, está especializado no estudo do comportamento dos cetáceos.

A representante do ente público manifestou a súa preocupación e interese en avanzar na investigación e mostraxe ante esta situación e o seu impacto na actividade náutico-recreativa da comunidade, onde, dixo, “os xestores dos portos deportivos teñen constatado unha maior preocupación dos navegantes por esta cuestión”.

Así mesmo, subliñou a necesidade de “afondar en posíbeis ferramentas que trasladen calma ao sector para evitar a afectación aos tránsitos e ao turismo náutico”. Con este obxectivo, froito deste encontro, formularanse proximamente diversas propostas de investigación na liña de definir medidas disuasorias ou sistemas de alerta de presenza destes animais.

Lenguas e Diaz coincidiron neste encontro en que se trata dun “fenómeno recente”, xa que os primeiros casos foron rexistrados en 2020, e que ten “especial incidencia na franxa atlántica”, entre o estreito de Xibraltar e a costa galega. Desde entón teñen proliferado os encontros destes cetáceos con navegantes a vela dado que a época do ano na que as candorcas recorren estas augas se desprazou, coincidindo coa maior actividade náutica. O BDRI trasladou que, a priori, “a interacción cos navegantes explícase como un xogo dos cetáceos na súa aprendizaxe como depredadores”.

Na reunión púxose tamén de manifesto o incremento da natalidade na colonia de candorcas o pasado ano, unha especie que está protexida e en perigo de extinción e da que se estima que existen en torno a 80 exemplares entre Xibraltar e o Reino Unido.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.