A Confraría de Noia organiza este xoves 29 unha xornada de presentación de Econoia 3

27 Setembro 2022

Este xoves 29 de setembro a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia vai presentar o proxecto Econoia 3 (2022-2023), unha iniciativa para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños abeirado ao Plan Marlimpo da Consellería do Mar. O proxecto, cuxos detalles daranse a coñecer a partir das 10:00 horas na Sociedade Liceo de Noia, conta nesta nova edición (a 3ª) coa participación de 256 mariscadoras/es a pé da confraría noiesa, que traballarán en diversas actividades de limpeza, mobilización e divulgación a prol da protección do noso litoral. Por certo que a primeira limpeza desta nova convocatoria realizarase o vindeiro venres, 30 no litoral de Outes.

Programa da xornada de presentación de Econoia3

-10:00 h. Recepciòn de autoridades.

-10:05 h. Benvida e presentación: Liliana Solis Pais. Supervisora proxecto Econoia

-10:10 h. Proxección vídeo resumo accións Econoia

-10:30 h. Intervencións institucións públicas colaboradoras:

-Concello de Muros

-Concello de Porto do Son

-Concello de Outes

-Concello de Noia

-Confraría de Portosín

-Confraría de Noia

-Consellería do Mar (Peche acto presentación)

Charla formativa (dirixida sobre todo a mariscadoras/es participantes no proxecto, pero aberta a todos os asistentes)

-11:00 h. Valores naturais dos bancos marisqueiros na zona de especial conservación da Rede Natura 2000”-Francisco Arcos e Rafael Salvadores. Biólogos expertos en conservación. ARCEA S.L.

-12:15 h. Pinchos e petiscos na cafetería do Liceo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.