A Casa do Tella e Rosalía, establecemento gañador no VI Concurso de Tapas Azul de Portosín

23 Setembro 2022

Portosín despediu o verán da mellor maneira posíbel: con festa e reivindicando os seus tesouros, neste caso gastronómicos. Celebrouse o día 17, organizada pola Confraría de Pescadores San Andrés e a Asociación de Empresarios de Portosín (AEP), coa colaboración do Concello e ao abeiro da campaña comercial Portosín Móvese e a marca Azul de Portosín.

Consistiu nunha exaltación de peixes e mariscos locais e nunha axenda festiva na que houbo música, xogos para a rapazada e, por suposto, degustacións. Unha das actividades estrela foi a sexta edición do Concurso de Tapas Azul de Portosín. Nel impúxose finalmente A Casa do Tella e Rosalía con de 4,16 estrelas, 76 votos e un total de 316 puntos.

Estes foron finalmente os establecementos participantes nun certame, que, en palabras das entidades organizadoras, resultou un éxito de participación, repercusión e creatividade:

-A CASA DO TELLA E ROSALÍA – Coca de Xurelo con base de naranxa e maionesa de algas.

-BODEGÓN O PESCADOR – Sardiña andaluza con maionesa de aguacate.

-PARRILLADA A NOSA RÍA – Xurelo ao forno.

-RESTAURANTE O NOSO BAR – Empanada de millo de sardiña.

-RESTAURANTE PORTOFINO – Tosta de sardiña con vinagreta de fresa e tosta de xarda teriyaki con melocotón.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.