A Casa da Cultura de Lousame acolle unha nova exposición de pintura de Juan Carlos Lorenzo, veciño de Tállara

20 Setembro 2022

A sala municipal de exposicións de Lousame (Casa da Cultura) acollerá este xoves 22 de setembro, ás 19:30 horas, a inauguración de Sempre con Lousame, unha mostra de pintura de Juan Carlos Lorenzo Jamardo, veciño da parroquia de Tállara. A mostra inclúe 30 óleos que poderá visitarse ata o vindeiro 30 de outubro.

Esta será a segunda exposición de Juan Carlos Lorenzo no concello, despois do seu debut en febreiro de 2019 cunha mostra sen nome pero dunha temática moi semellante ao da actual exposición.

Como dixemos, Sempre con Lousame recompila un total de 30 óleos, 26 deles de paisaxes da súa terra de orixe. Lorenzo Jamardo sinala: “Gústame pintar o que vexo e me inspire. Vou por calquera currunchiño, sácolle unha foto e a levo para facelo tranquiliño na casa. Non son moito de ir fóra e pintar, eu necesito a miña intimidade para facelo”.

Juan Carlos Lorenzo, veciño de Tállara, é integrante do grupo folclórico O Son do Pote. Pintor autodidacta, cando se xubilou empezou a experimentar na pintura e a recibir clases para perfeccionar a súa técnica. Admirador de Van Gogh, a súa obra ten unha liña profundamente realista e está chea de paisaxes e paraxes de Lousame. O seu gusto pola pintura vénlle de neno, cando empezou a facer debuxos en carbonciño. Unha afección que recuperou cando se xubilou no ano 2014, tras moitos anos no mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.