A Bienal de Pintura do Eixo Atlántico remata o seu percorrido no Lustres Rivas de Ribeira

10 Setembro 2022

A decimoterceira edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántica termina o seu percorrido no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira logo de ter percorrido outras localidades galegas e portuguesas como Mirandela, Barcelos, Viana do Castelo, Braga, Monforte de Lemos, Maia e Ourense.
Na noite de onte tivo lugar o acto inaugural nun evento que estivo presidido polo alcalde Manuel Ruiz e tamén contou coa intervención da concelleira de Cultura María Sampedro.
A Bienal do Eixo Atlántico conta con obras dunha ampla variedade de estéticas, linguaxes e técnicas que se presentaron a concurso e que foron seleccionadas polo xurado presidido por Antón Pulido e
composto por Carlos López Bernárdez, Helena Mendes Pereira, Patrícia Oliveira e Fátima Tees, vencedora da última edición.
Ata o 5 de outubro
A esta décimo terceira edición presentáronse un total de 119 obras que, tras dúas reunións do xurado, seleccionaron as 30 obras que conforman o catálogo e que se poden ver ata o 5 de outubro na
referida instalación cultural ribeirense.
Os premiados foron:
1º Premio: Coração Resiliente de Tito Senna
2º Premio: Betty de Fruela Alonso Blanco
Premio Novos Talentos: As cancións de mariñeiros que falan de
liberdade escríbeas xente de terra de Breogán Torres Gutiérrez.
Xunto a cinco Mencións de Honra:
1.- 2D-3D de Francisco Javier Pena Fernández
2.- Con la que está cayendo de J. Antonio Castro-Muñiz
3.-Poéticas do Desejo de Ricardo de Campos
4.- Untitled de Thomas Apostolou 5.- That was just a dream de Raul José de Oliveira Ferreira

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mirar un niño dormido”. Mario Clavell

“Mirar un niño dormido”. Mario Clavell

Me quedé pasmado y tranquilo. Aquella niña de un día de vida respiraba en el regazo de su madre que la miraba; aquella con ojillos cerrados; esta la miraba como a cosa propia. Ver a un hombre rezar y ver a un niño dormido da paz. Experimenté hace tres días esa muestra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.