A ARE volve sacar á rúa a súa ruleta da sorte para repartir premios entre os clientes do comercio asociado

23 Setembro 2022

A Asociación Rianxeira de Empresarios comunicou que o vindeiro día 30 de setembro a ruleta da sorte da entidade empresarial volverá saír á rúa para repartir centos de premios entre os clientes dos seus asociados. A ruleta situarase nunha pequena haima situada na praza de Rafael Dieste de 17:00 a 20:00 horas e para probar sorte haberá que presentar un tícket de compra dalgún gasto realizado nalgún dos asociados da ARE entre os días 28 e 30 de setembro.

Os premios en xogo son: paraugas, mochilas, bolsas reutilizábeis, divertidos xoguetes, vales de compra de 5 € e lambonadas.

Toda a información relativa á campaña e as bases legais desta estarán a disposición dos interesados, nos vindeiros días, na web da ARE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión