A ARE amplía servizos e vantaxes para os seus asociados grazas a un novo acordo coa avogada Zaida Carou

23 Setembro 2022

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) ven de asinar un novo convenio de colaboración con novas vantaxes para os seus asociados. Desta vez a nova colaboradora da ARE vai ser a avogada rianxeira Zaida Carou Gómez que vai aportar, en beneficio de tódolos asociados, os seus coñecementos no ámbito da avogacía e, especialmente, nos eidos contractual e mercantil.

O convenio ten unha vixencia inicial dun ano, con posibilidade de renovalo por períodos similares, e recolle a primeira consulta a un prezo reducido e un desconto sobre o arancel oficial do Colexio de Avogados no que está colexiada Zaida. Estas vantaxes, sinala a ARE, aplicaranse tanto para consultas relacionadas coa actividade profesional da persoa interesada como para consultas relativas ao ámbito civil ou penal.

Outro servizo incluído no convenio é o de reclamación de impagos. “Zaida Carou estudará cada caso particular xunto co socio interesado e a reclamación poderase levar a cabo por vía amistosa ou xudicial”, sinalaron fontes da ARE, engadindo que “para este servizo tamén se inclúen no convenio descontos respecto á tarifa oficial”.

Desde a xunta directiva da ARE agradeceron a Zaida Carou a súa colaboración e lembraron a tódolos socios que este convenio únese aos demais que hai en vigor con diversas entidades bancarias e empresas que ofrecen servizos, por exemplo, de protección de datos ou prevención de riscos laborais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.