“9 de setembro”. Xulio Xiz

16 Setembro 2022

Este nove de setembro angurióuseme a alma ao decatarme que ese día facía sete décadas da morte de meu pai, José Antonio Giz, cando eu tiña cinco anos.

Poden os cumpreanos ser só cifras que alteran as conciencias e fan revivir feitos esenciais da vida. A min, na nenez vilalbesa, o 9 de setembro de 1952 fendeume a alma, convertiume nun neno triste e logo nun adulto tan relativista nos entusiasmos como nos fracasos, de maneira que a mellor noticia déixame frío un anaco vital, e a peor mantén un soplo de esperanza na loita interminable.

Meu pai morreu aos 39 anos. Seu pai tamén morrera moi novo. Velaquí a familia en vilo cando cheguei a esa idade por se a fatalidade se cumpría. E cando o meu fillo chegou a esa idade. Ao meu neto máis vello fáltalle case un cuarto de século, así que non creo que chegue a vivir para preocuparme.

O que hai que decir é que meu pai morreu porque un médico militar chamado Justo (paradoxas da vida) non soubo diagnosticar unha peritonite xulgando que eran cóxegas. Menos mal que non o puxo a facer instrución para quitarllas.

“Estaba de Dios que morrera novo”, decían as nosas xentes co natural fatalismo da raza. Deus non o levou á guerra, que foron homes. Deus non o volveu á casa falto de forzas e sobrado de entusiasmos. Se esto fose cousa de Deus, eu volveríalle as costas.

O caso é que un nove de setembro, recén rematadas as festas vilalbesas, meu pai morreu por abandono dun brutalán que a saber como conseguiu titularse. Fiquei mancado para sempre. Díxo Manuel María que “o home da Terra Chá ten a alma mancada”, e eu creo no Manuel (Adeus, Saleta!) moito máis ca noutras moitas cousas

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.