Xoves regresa o sol e a calor

17 Agosto 2022

Durante a xornada do xoves, Galicia irá recuperando progresivamente a influencia das altas presións, que entrarán en forma de cuña desde os Azores. Así, comezaremos o día con nubes baixas e néboas, con tendencia a quedar os ceos pouco nubrados ou despexados en xeral pola tarde.

As temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos ou descenderán de xeito lixeiro, mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente, especialmente no interior da metade sur. O vento soprará de compoñente norte, máis intenso no litoral atlántico.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 15° 27°
Temperatura da auga (°C) 15°
Índice ultravioleta máx. 7
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 0.5 a 1 metros á tarde e 0 a 0.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar03:031.0 m
Preamar09:173.1 m
Baixamar15:241.2 m
Preamar21:443.1 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar02:571.1 m
Preamar09:123.1 m
Baixamar15:171.2 m
Preamar21:373.1 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar03:001.0 m
Preamar09:153.1 m
Baixamar15:201.2 m
Preamar21:403.1 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.