Viveiro acolle a mostra sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel

10 Agosto 2022

O Teatro “Pastor Díaz” de Viveiro acolleu o acto inaugural da presentación da mostra sobre o Centenario do Naufraxio do “Santa Isabel” .

Organizado pola Real Liga Naval Española e a colaboración dos Concellos de Ribeira e Viveiro, a Confradía de Pescadores de Celeiro e a Sala-Museo Municipal de Ribeira, a Exposición pasa revista o naufraxio do vapor-correo e a traxectoria do segundo oficial do Santa Isabel, Luís Cebreiro, persoa que sería axudante de mariña da vila cantábrica onde desenvolveu un intenso labor social e de auxilio marítimo, polo que foi unha persoa moi querida no sector mariñeiro da vila.

O alcalde ribeirense foi o encargado de abrir as intervencións e as conferencias sobre o naufraxio

O mestre de cerimonias foi o Delegado en Lugo da Real Liga Naval Española e o acto inaugural contou coa intervención do alcalde ribeirense, Manuel Ruíz, quen abreu o mesmo salientando a importancia que tivo o naufraxio e o papel dos habitantes da comarca no rescate e a prestación de auxilio ás vítimas e tamén o desenvolvido polas mulleres e homes de Sálvora e en especial o do segundo oficial, Luís Cebreiro.

Posteriormente interveu o historiador e xornalista ribeirense, Xosé María Fernández Pazos, director de O Barbanza e autor de varias obras sobre o naufraxio, quen fixo na súa intervención un resumo do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, acontecido hai agora máis de cen anos e no que pasou revista ás causas do naufraxio e o acontecido no mesmo.
Na súa intervención destacou o labor humanitario dos habitantes da illa de Sálvora e de Ribeira destacando amais a figura e o labor de Luís Cebreiro López, segundo oficial do vapor-correo e grande heroe do naufraxio, que logrou salvar a preto de trinta persoas. Tamén narrou anécdotas no que se recolleron as grandezas e miserias humanas froito da desesperación desa noite e das circunstancias da época.
Durante a conferencia o historiador recorreu a historia do buque desde a súa construción, incidentes da súa corta vida ata o naufraxio na madrugada o día 2 de xaneiro de 1921, e no que morreron 213 persoas procedentes de 26 provincias españolas.

O historiador ribeirense, Xosé María Fernández Pazos

Tamén interviu Celestino Vieites, xornalista quen contou diversas anécdotas e alabou o papel xogado polos habitantes de Sálvora e Ribeira e polo segundo oficial Luís Cebreiro. O xornalista propouxo o irmanamento das dúas cidades Ribeira- Viveiro e a creación dunha fundación pública que manteña viva a memoria do naufraxio do que dixo, era o mais importante da historia marítima galega.

Xornalista, Celestino Vieites

As intervencións hístóricas remataron coa de Xosé Luis Moar, documentalista, fotógrafo, comisario da mostra e biógrafo de Luís Cebreiro, quen pasou revista a traxectoria do insigne marino e o papel social que desenvolveu co apoio o mundo mariñeiro e a creación dos “flechas navales”.

Comisario da Exposición, Xosé Luis Moar

Finalmente interviron en nome da familia do oficial, María del Carmen Cebreiro, filla de Luís Cebreiro que emocionada agradeceu o labor feito para destacar a traxectoria do seu pai. Rematou o acto a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, quen alabou o papel de Luis Cebreiro en pro do pobo e agradeceu o feito por destacar a figura do mariño.

María del Carmen Cebreiro, filla do oficial do Santa Isabel
Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García

O acto inaugural que tivo lugar no Teatro “Pastor Díaz” rematou coa intervención de senllas actuacións musicais a cargo do grupo “Sons de Viveiro” e da “Banda Naval de Viveiro” .

Momento da inauguración da Exposición

Posteriormente procedeuse á inauguración da Exposición “Centenario do Naufraxio do Santa Isabel”, na Sala Exposición Conservatorio de Música-Viveiro, onde se pode ver a mostra sobre Luis Cebreiro e o naufraxio do vapor-correo. Destaca na mesma a colosal maqueta do correo que a escala 1:50 foi realizada por Severino Balseiro e que se pode ver ata o día 31 de agosto.

As autoridades, a familia de Luís Cebreiro e o Comisario da mostra diante da magnífica maqueta do Santa Isabel

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...