Uxía Lambona e a Banda Molona estarán este xoves 11 no Cantón da Leña da Pobra

10 Agosto 2022

A agrupación galega Uxía Lambona e Banda Molona, experta dar unha viraxe moderna e desenfadada a temas tradicionais galegos, estará na Pobra este 11 de agosto para brindar un concerto á rapazada e ás familias. Será ás 20.30 h no Cantón da Leña, presentando o espectáculo Astronauta sideral. En caso de chuvia, o concerto celebrarase no Cine Teatro Elma.

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali, co baixo; Ñoc, coa batería; Diego, coa gaita e coa frauta; Serghaño, coa guitarra; Roscón, co acordeón; e Laura, “Uxía Lambona”, cantando e animando!  Ten o obxectivo de facer cantar e bailar aos nenos e nenas que acudan aos seus concertos, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para elas e para eles, cambiando estilos musicais, letras… e temas propios, sempre en galego. Hoxe en día  teñen tres CD publicados.

Organiza: Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.