
Este venres, 26 de agosto, rematarán as negociacións do Tratado dos Océanos ou BBNJ (Biodiversidade Mariña en áreas máis aló da xurisdición nacional), cumio que comezou o pasado 15 de agosto.
Chegados a este momento, as ONG integradas na High Seas Alliance (HSA) dirixiron á ONU unha nova mensaxe na que piden “urxencia e ambición” para acadar un acordo “sólido” lembrando que a proteción de dous terzos do océano, é dicir as áreas internacionais, están en xogo.
A Alianza informa que varios Estados están comprometidos públicamente a lograr un Tratado ambicioso que non se reflicta plenamente na sala de negociación formal. Confían en que a UE, Reino Unido e ERstados Unidos, “defensores públicos do océano” lideren a negociación e leven o acordo a bo porto. Estes Estados apoian “algunas posicións progresistas” nl mafdco da negociaciòn do Tratado, en contraste con outras potencias que se manteñen en posicións “que non darán lugar á transformación que se necesita para transformar un océano san e produtivo para AS XERACIÓNS ACTUAIS E FUTURAS”. Outras partes presionan para acadar un resultado significativo, como a Comunidsde do Caribe,os Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento do Pacífico, Nova Zelanda, Costa Rica e Mónaco.
O obxectivo do acordo ou tratado é asegurar a conservación e uso sustentable da diversidade biolóxica mariña en zonas situadas fora da xurisdición nacional. En materia de conservación o texto formula a aplicación de mecanismos de xestión por áreas, incluidas as áreas mariñas protexidas, e outras medidas.
O Tratado Global dos Océanos tenta ser unha Constitución para os mares dado que estes, na súa meirande parte, son un territorio sen lei; o 64% das augas oceánicas están fora dos límites xurisdicionais dalgún Estado. Desde posicións ecoloxistas, reclámase a aprobación dun Tratado Global dos Océanos consecuente para frear as alarmantes cifras de perda de biosiversidade.
Compre lembrar que o buque “Thunder” (vinculado a un coñecido armador de Ribeira) desapareceu no mar ás 6,39 horas do 6 de abril de 2015 a escasas millas da costa de Santo Tomé e Príncipe. Foi o remate dunha histórica persecución de 110 días e 18.000 quilómetgros, desde a Índico ao Golfo de Guinea.
As sentenzas xudiciais posteriores estableceron penas de entre 32 e 36 meses de prisión e 15 millóns de euros por falsificación, contaminación e daño ao medio ambiente, que se impuxeron ao capitán chileno do “Thunder”, e aos galegos Agustín Dosil Rey, xefe de máquinas, e Luis Miguel Pérez Fernández, segundo mecánico. O capitán, Alfonso Rubio Cataldo, foi quen decidiu afundir o barco para agochar as probas do delicto. Sobre o “Thunder” pesa un historial de actividades delictivas desenvolvidas durante unha década. Estaba especializado en pesca furtiva e venda no mercado negro de pescada negra.