Un incendio en Boiro deixa danos materiais nunha vivenda

10 Agosto 2022

O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, ás 2:25 horas desta madrugada, informando dunha intensa fumareda no interior da súa vivenda a causa dun incendio que se orixinara na súa cociña na Avenida de Barraña, en Boiro.

A emerxencia foi posta en coñecemento dos Bombeiros de Boiro, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil. O lume orixinouse no aparello eléctrico do frigorífico e o fume ocupou rapidamente o domicilio afectado e algúns corredores do edificio.

Unha vez finalizada a intervención por parte dos equipos de extinción, os ocupantes da vivenda solicitaron unha consulta médica por inhalación de fume con Urxencias Sanitarias de Galicia-061.Finalmente, non houbo persoas trasladadas e os danos materiais limitáronse á cociña.

Outros artigos

Unha saída de vía en Ribeira deixou dúas mulleres feridas

Os equipos de emerxencias axudaron a saír ás implicadas, que foron evacuadas ao Hospital do Barbanza. Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira. Dez minutos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...